16 de xuño de 2017

NIGRÁN

Nas xornadas de formación que o PP de Pontevedra celebra hoxe e mañá en Nigrán  

Alfonso Rueda: “Se 2017 é o ano da renovación das xuntas locais, 2018 será o dos candidatos” 

• Sinala que “é na estrutura municipal do noso partido onde radica a nosa maior potencia”.  

• Outros partidos, os que tanto presumen de asamblearios e democráticos, non poderían manterse no mesmo lugar por máis de dúas horas. E iso no mellor dos casos, outros como os do PSOE nin sequera se falan”, apunta.  


Infogauda / Nigrán

 O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, sinalou hoxe que “se o 2017 foi o ano dos congresos e da renovación das xuntas locais do PP, sen dúbida 2018 será o ano dos candidatos. Será o momento de elixir ás persoas que lideren as candidaturas do partido nos diferentes concellos, persoas entregadas e comprometidas, persoas capaz de ilusionar e de implicar aos vecinos no proxecto popular”.  

 Foi durante a apertura das xornadas de formación que o PP de Pontevedra celebra hoxe e mañá en Panxón, Nigrán, e nas que participa xunto á presidenta do Congreso, Ana Pastor, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Baixo o título “As agrupacións locais, o primeiro”, reúnen a alcaldes, voceiros e presidentes locais de toda a provincia, así como ao comité de dirección provincial, deputados nacionais e autonómicos e senadores.  


 En relación á temática das xornadas, Alfonso Rueda destacou que “é na estrutura municipal do noso partido, nos alcaldes, nos presidentes locais, nas xuntas directivas, nos concelleiros e nos afiliados, onde radica a nosa maior potencia”. Por iso, entende que esta xuntaza vai permitir facer un balance conxunto de política municipal. “Ver dalgunha maneira as nosas fortalezas pero tamén as nosas debilidades, analizar en que podemos mellorar e cales son os nosos puntos fortes”. Nesta liña, asegurou que “algún sabémolos e sábenos os cidadáns, e son a nosa unidade, o noso compromiso e a nosa seriedade”.  

 Con respecto a isto, o presidente provincial recorda que “o exercicio que esta fin de semana vai facer o PP de Pontevedra non poden facelo todos os partidos, pode considerarse unha reunión habitual entre compañeiros, e así é no noso caso, pero o que para nós pode ser rutinario para os demais partidos, os que tanto presumen de asamblearios e democráticos, non poderían manterse no mesmo lugar por máis de dúas horas. E iso no mellor dos casos, outros como os do PSOE nin sequera se falan”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario