23 de xuño de 2017

A GUARDA

A CAMPAÑA “DECORA O TEU VERÁN” XA LUCE POLAS RÚAS DE A GUARDA

Nesta ocasión as rúas guardesas lucen con motivos castrexos, xa que se quixo buscar unha vinculación coa II Festa Castrexa e co Centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT)
   

Elena Baz Rodríguez, concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de A Guarda, xunto a algúns usuarios da Asociación San Xerome que decoraron a Praza entre ás rúas Galicia e Vicente Sobrino
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A campaña “Decora o teu Verán”, promovida pola Concellería de Cultura e na cal participan seis asociacións da vila guardesa, pretende unha vez mais decorar prazas ou lugares significativos da nosa vila para fomentar o traballo en equipo, visualizar as asociacións e pór en valor o noso patrimonio. 

Elena Baz Rodríguez e tres nais de compoñentes de Xamaraina, xunto a un dos murais que fixeron no transformador da rúa Puerto Rico


 Nesta ocasión as rúas guardesas lucen con motivos castrexos, xa que se quixo buscar unha vinculación coa II Festa Castrexa e co Centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT). 

Emilia Rodríguez Baz, Patricia Pereira Guisantes i Elena Baz Rodríguez, na praia do Carreiro, xunto o traballo feito por nais, pais e atletas do club Sociedade Atlética do Trega

Na imaxe, o simpático traballo feito na Alameda da Vila por membros da Asociación Fibromiño

 As zonas decoradas foron a torre do transformador de Fenosa que está na entrada a Guarda a cargo de Xamaraina, os “bloques” da Praia do Carreiro pintados pola Sociedade Atlética do Trega, a Praza do Reló decorada por Vento Mareiro, a Praza entre rúa Galicia e rúa Vicente Sobrino por San Xerome, a Alameda da Vila por Fibromiño e o Centro Cultural a cargo de O Percamino. 

Membros da Asociación O Percamino xunto os castrexos que ubicaron no muro de peche do Centro Cultural

 Ademais desta iniciativa, salientamos tamén a decoración por parte do comercio local das nosas rúas, acompañando a esta II Festa Castrexa organizada polas Comunidades de Montes da Guarda, Camposancos e Salcidos. 

A concelleira de Cultura xunto a tres compoñentes do Grupo Vento Mareiro que adornaron con motivos castrexos os balcóns da Casa do Concello

 Dende a Concellería de Cultura queremos agradecer o traballo realizado polas asociacións e comerciantes, colaborando para que a nosa vila sexa un referente e para que os nosos veciños e visitantes desfruten do noso paisaxe, gastronomía, cultura e comercio. 



Tres exemplos - entre outros máis que hai pola vila - das colabouras dos comerciantes de A Guarda

 Así como tamén pregamos que a cidadanía respete estes traballos e coidemos entre todos a nosa vila, dixo  Elena Baz Rodríguez, concelleira de Cultura e Xuventude, do Concello de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario