15 de xuño de 2017

A GUARDA

TALLER BÁSICO DE ENTOMOLOXÍA  

Está convocado por ANABAM e erá lugar o día 2 de xullo


Agustín Ferreira Lorenzo / A Guarda

 ANABAM convoca para o domingo 2 de xullo un Taller Básico de Entomoloxía. A través desta actividade os participantes se achegarán ao mundo dos insectos e das arañas. Será un taller práctico, totalmente no campo. Polas características do mesmo, se restrinxe a un número máximo de 10 persoas. É imprescindible contar cunha cámara fotográfica e/ou móbil con obxectivo macro, isto é, que permita acercar o obxectivo o máximo posible ao obxecto que queremos fotografar, neste caso, insectos e arañas. 

 Co traballo feito, faremos unha Guía Entomolóxica que colgaremos na páxina de ANABAM, citando aos autores e participantes no taller. 

 É necesario inscribirse previamente cousa que se pode facer ata o 27 de xuño. A inscripción nalgún dos seguintes medios: 

 correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com 

 Whasapp: 61 61 80 557

 facebook (polo privado).

Ningún comentario:

Publicar un comentario