16 de xuño de 2017

A GUARDA

PROGRAMACIÓN DE FIN DE SEMANA  

OS TAPICES FLORAIS NA HONRA DA SANTÍSIMO SACRAMENTO VESTIRÁN ÁS RÚAS DA GUARDA NESTA FIN DE SEMANA 

Vista parcial do tapiz floral na Praza do Reló, feito polos veciños, na edición de 2016
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Os guardeses e visitantes puideron comprobar como nestes días vívese unha frenética actividade nas principais rúas do centro da vila, nas bodegas nas que decenas de mulleres levan semanas traballando no desfollar de plantas e flores que o domingo vestirán as rúas da nosa localidade. 

 Á tardiña do sábado comezarase a trazar os deseños sobre as calzadas que cubren o percorrido dende a Praza do Reló, praza de Ignacio Sobrino, o inicio da rúa Oliva, rúa Hernán Cortés, rúa Malteses, A Ribeira e Concepción Arenal. A continuación os propios veciños, axudados polos máis cativos da casa irán completando estas decoracións para que na mañá do domingo tódolos guardeses e visitantes poidan apreciar o resultado final. Ás 12.30 h., celebrarase a misa de Corpus na Igrexia Parroquial.  

TAPEARTE: UNHA CITA GASTRONÓMICA CON MOITO SABOR

Tapearte: todo un mundo de sabor para disfrutar na Guarda
Foto: C.A.G.

 E será neste fin de semana de Corpus, cando a ruta gastronómica Tapearte peche a súa edición. Os guardeses e visitantes terán este venres, sábado e domingo para completar a ruta na que 23 establecementos ofertan tapas do mais variado a un prezo de 2€, no horario establecido que vai de 12.00 a 14.00 horas y de 19.00 a 22.00 horas. Os participantes nesta ruta poden valorar a calidade das tapas puntuando entre o 1 ó 6 nos pasaportes editados para a ocasión, e ademáis poden optar a premios pola súa participación, entrando nun sorteo entre aqueles que consigan un mínimo de 7 sellos sobre o pasaporte e un regalo directo se consumiron 15 tapas diferentes. 

A BIBLIOTECA PECHA O CICLO DE CONTOS CONTADOS ESTE FIN DE SEMANA


 O sábado 17 de xuño a Biblioteca Municipal terá a derradeira edición do Contos Contados da man da proposta cómica “Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica”. A compañía Bocaberta, achega este espectáculo dentro do ciclo de animación á lectura Ler conta moito, onde se nos presenta a historia de Carmiña, unha pinga de auga moi miudiña que habita nunha nube gris, nunha casiña en forma de botella con toda a súa familia. No día do seu aniversario a súa avoa lle agasalla un paracaídas para poder baixar ó mundo dos humanos e poder facer fantásticos experimentos. Así coñece outras pingas coma ela, visita o océano, a praia, o río, e toma apuntamentos sobre a fauna e a flora que alí habita.  

 A cita será na propia Biblioteca Municipal ás 11:30 h. e a entrada é de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario