11 de maio de 2017

TOMIÑO

PREVISIÓN INFORMATIVA BNG 

VENRES  12  DE MAIO 2017    

TOMIÑO  

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG
Foto: BNG


Venres 12 de maio   

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón fai unha visita ao concello de Tomiño onde manterá un encontro co goberno municipal liderado pola alcaldesa, Sandra González.  

 Ao longo da visita participará en diversos encontros con axentes sociais e económicos do concello e, igualmente, participa nunha na charla-coloquio aberto a cidadanía baixo o título: “Os retos do nacionalismo do futuro”.  

 A  portavoz nacional do BNG e a alcaldesa atenderán aos medios de comunicación ás 12hs no Salón de Plenos do concello de Tomiño.  


DECLARACIÓNS ANA PONTÓN   

Lugar: Salón de plenos do Concello de Tomiño 
Hora: 12hs  

 Trala visita institucional ao concello, a nacionalista manterá unha xuntanza con membros de COXAPO, plataforma en defensa das persoas usuarias  de subministro de augas para abordar o  cambio de Regulamento promovido pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e as políticas da Xunta que ameazan o futuro  das traídas de augas.  

 Na  xornada da tarde, a portavoz do BNG visitará a empresa  comercializadora de planta ornamental “Coplant” e manterá un encontro con representantes do sector do viveirismo. 

 Ás 21hs dará comezo o acto aberto á cidadanía: “Os retos do nacionalismo do futuro” no Hotel Nueva Colina, na Praza do Seixo (Tomiño), presentado pola alcaldesa Sandra González.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario