12 de maio de 2017

LÍNGUA

A 17ª edición do Correlingua chega a Tui o vindeiro 15 de maio  

Baixo o lema: “En galego, sen cancelas”, máis de 1000 alumnos e alumnas da comarca percorrerán as rúas da vila até a Área Panorámica.     


Infogauda / Tui

 A edición 2017 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, chega a Tui o próximo luns día 15 de maio.  

 Faino na recta final da actividade e faino baixo o o lema: En galego, sen cancelas

 O Correlingua conta coa colaboración de diversas institucións, varios concellos e as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra axudan a que a actividade poida levarse a cabo.  En Tui o Correlingua conta tamén coa colaboración do Concello de Tui, a través da Concellaría de Cultura e Educación. A todas estas entidades agradecemos o apoio recibido. 

 A Tui acudirán escolares de: Salvaterra de Miño, do IES Salvaterra de Miño, O Rosal, do CPI Manuel Suárez Marquier, Ponteareas, IES Pedra da Auga e IES Val do Tea e de Tui, dos colexios de Randufe, Rebordáns e Maristas e os institutos Indalecio Pérez Tizón e San Paio. Máis de 1000 alumnos e alumnas que terá a oportunidade de participar nunha actividade e nunha festa coa que queremos enviar a mensaxe de que podemos e queremos vivir en galego.  

 A festa final estará conducida polo músico e regueifeiros Luis “O Caruncho” e contará coa actuación do grupo A Compañía do Ruído, un dos gañadores do certame Cantalingua, do Correlingua. Na festa final participará o alumnado de Salvaterra de Miño que preparou unha actuación, e teremos ocasión de escoitar o manifesto gañador do Correlingua elaborado polo alumnado de 4º da ESO do CPI Afonso VII Caldas de Reis, que será lido polo alumnado do CPI Suárez Marquier do Rosal, que foron as gañadoras e gañadores do certame de Vídeo. 

 A actividade iniciarase ás 11:30 horas na Praza de Vigo e a Corredoira, desde onde sairán os dous itinerarios, o reducido de Infantil, e o que realizarán o alumnado de Primaria e Secundaria, para estar ás 12:00 na Área Panorámica, onde terá lugar a festa final.   

 Vídeo do CPI Suárez Marquier do Rosal, gañador do certame de Vídeo da edición de 2017.

 Manifesto escrito polo alumnado de 4º da ESO do CPI Afonso VII Caldas de Reis, gañador nesta modalide.  

 Banda deseñada que foi galardoada nesta edición, do alumnado de infantil do CEIP Manuel Luís Acuña de Ourense. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario