10 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA FORMULA VARIAS PREGUNTAS Á ALCALDÍA, SOBOR DA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, membro da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro de municipal entradas á seguinte interperlación:

SITUACIÓN ACTUAL DA AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL?  

 No Pleno Ordinario celebrado o pasado día 02 de febrero, se levou para o séu debate unha Moción presentada por este Grupo Político, na que se poñía de manifesto, que dada a gran problemática existente entre o Concello e o voluntariado, a mellor solución para que dados os enfrontamentos non foran a maiores, era disolver a agrupación local (R/E nº 8003 DISOLUCIÓN DA AGRUPACIÓN DE PROTECCIÓN CIVIL) -A.V.P.C.-, a cal foi aprobada por 14 votos a favor, e 3 en contra.  

 A día de hoxe, ainda que preguntamos varias veces, non sabemos si se levaron adiante tódolos trámites necesarios diante a Administración Autonómica para que procederan a tomalas medidas pertinentes respecto a disolución da mesma.  

 A situación actualmente, estaba bastante apagada, ata que fai poucas datas, estamos vendo a algunas persoas usando os vehículos da Agrupación ca súa identificación, e algunhas persoas que van nos mesmos, levan chalecos co indicativo da mesma.  

 Se o anterior é grave, xa que ninguén sabe de que  se procedera a facer unha convocatoria pública para pór en marcha unha nova A.V.P.C. na nosa localidade, as informacións que estamos recibindo, é que na Academia Galega de Seguridade Pública (A.GA.S.P. ) ubicada na Estrada,  se están impartindo diversos cursos, donde acuden persoas como voluntarias de Protección Civil de A Guarda, das que consideramos que por sí mesmas non poden pedir a inscripción para ditos cursillos, se non é por medio do Concello. Por elo, vimos a facer as seguintes preguntas:  

 Foi notificada a Administración Autonómica do acordo plenario de data do 02.02.2017 de Disolución da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Guarda?  

 Sabemos que están acudindo membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (G.E.S.) que como profesionais, deben reciclar permanentemente a súa formación, pero,... é coñecedor o Concello de A Guarda da asistencia de persoas “voluntarias” a realizar diversos cursos na Academia Galega de Seguridade Pública?     

 En caso de resposta positiva, que membro do Equipo de Goberno autorizou a inscripción deses “voluntarios/as” na A.GA.S.P.? Corre o Concello cos gastos de desplazamento e dietas?                                                                                                                                                               

 A Guarda, a 10  de abril  do 2.017       

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

1 comentario:

  1. ¡¡Pregunta pregunta !! Xa recibirás a calada por resposta que é o que mellor se lle dá a esta xente.

    ResponderEliminar