CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN Á CREACIÓN DE “RESERVAS DE ESPAZOS REGULADOS”
Nas proximidades das farmacias
Esa é a sinalización que adxuntou na súa moción, o concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas
Foto. C.G.
Infogauda / A Guarda
Para seu debate na vindeira sesión plenaria da Corporación, e adxuntando unha fotografía indicativa da correspondente sinalización, o concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal do Concello de A Guarda, á seguinte moción:
ESPAZO RESERVADO DE TEMPO LIMITADO PARA “URXENCIAS-FARMACIAS”
Os espazos de aparcamento próximos as farmacias, nas maiorías dos casos, sempre están ocupados, e chegar a elas para recoller medicamentos, case sempre é un problema.
Si ao anterior, sumamos que “dado” “é un momentiño” o espectáculo de vehículos atravesados, mal estacionados ou por riba das beirarrúas, causan molestias e poñen en perigo a integridade física dos peóns e dos mesmos titulares dos vehículos.
Unha das maneiras de arranxar esta problemática, sería as “reservas de espazo regulado” nas proximidades das farmacias, tal e como se está facendo en moitas localidades, algunas próximas a esta vila, donde ademais, se indica o número de prazas asignadas e o tempo máximo de permanencia no lugar.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a proponer ao Pleno, para o seu debate e aprobación si procede a seguinte Moción:
PUNTO ÚNICO: O Departamento de Tráfico levará a cabo un estudo de cada unha das ubicacións das farmacias a fin de diseñar os espazos máis recomendables, prácticos e seguros, para indicalos como “RESERVADO URXENCIAS FARMACIA”
A Guarda, a 10 de Maio do 2017.
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:
Publicar un comentario