10 de maio de 2017

A GUARDA

O Partido Popular de A Guarda aclara que o BNG terxiversa o que pasou na Comisión de Pesca coa Saída Sur  

O grupo Parlamentario Popular na Comisión de Pesca non votou en contra do acceso sur, senón de unha proposta do BNG que tiña erros manifestos e descoñecemento da administración autonómica, e da Guarda.  

Levar a Comisión de Pesca, e instar a Portos de Galicia a reservar fondos para unha saía sur na Guarda, é - segundo afirma o PP de A Guarda - querer facer ruído en dirección equivocada.   

Os populares guardeses están en comunicación constante co grupo parlamentario Popular para abordar a saía Sur, incluso van a vir á Guarda nos próximos días para continuar as conversas.   

Conchi Ortega Martínez - no centro da imaxe - xunto cos demais membros do Grupo Municipal Popular no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Grupo Municipal Popular aclara que o BNG terxiversa o ocorrido na Comisión de Pesca coa Saída Sur, pois o ocorrido non foi que o PP votara en contra do acceso sur, como trata de facer ver o BNG, senón que a proposta dos nacionalistas tiña erros claros que evidencian un descoñecemento absoluto da administración autonómica e da Guarda, así o ven de afirmar Conchi Ortega Martínez, voceira do PP na Corporación Municipal do Concello de A Guarda.   

 O Grupo Municipal Popular xa no pleno informou ao BNG que se equivocaba claramente ao solicitar esa infraestrutura viaria da Saída Sur a Portos de Galicia, posto que Portos non ten competencia no tema, pero de forma sectaria e con prepotencia non quixeron facer caso da recomendación do Partido Popular e seguiron errando levándoa á Comisión de Pesca, que está para outras importantes funcións como ben sabe o sector pesqueiro”, puntualiza a voceira popular
  
 Non é a primeira vez que acontece”, segundo manifesta a voceira municipal do PP, Conchi Ortega, quen a sú vez relembra que “xa pasou o mesmo coa moción dos xabarís, que instaban a Medio Rural que non ten competencias, cando desde o PP se lles estaba suxerindo que cambiaran a petición para Medio Ambiente, pero obviaron o consello do PP, quizais porque partía do partido máis votado polos galegos, e nesta ocasión volveron a facer o mesmo

 “Avisamos - engade a voceira popular - que non era competencia de Portos de Galicia, pero o descoñecemento da administración autonómica é unha constante no grupo municipal do BNG, ou secadra é unha estratexia deles, facer ruído e non construír nada”.  

 Ademais disto - explica a voceira popular -, no desenvolvemento da Comisión de Pesca, aínda sen ser o foro adecuado para o seu debate, a deputada do BNG deixou moi claro que non tiña ningún coñecemento de cal era a problemática da Guarda máis alá do que levaba escrito nun papel, mentres que a voceira popular explicou claramente cales eran as necesidades da Guarda, trasladou o traballo que se está a facer para traer unha proposta ao Parlamento de Galicia, a pesar de que non hai ningún proxecto presentado neste momento polo grupo Socialista de Goberno da Guarda ante a Xunta de Galicia.   

 Conchi Ortega non dubida en relembrar tamén que a deputada do Partido Popular, Teresa Egerique, sinalou que a responsabilidade cos galegos e coa Guarda nos fan traer propostas ao Parlamento na orde que ten que ser e ante os organismos que teñen competencia, como faremos coa saía sur da Guarda”.   

 Conchi Ortega incide tamén en que “o grupo municipal e o grupo Parlamentario popular, seguirán coas conversas e incluso virán á Guarda en breve, para coñecer unha alternativa que o grupo municipal popular está estudando ante as dificultades da saída sur do Plan Xeral do ano 93

 A voceira do Grupo Municipal do PP no Concello de A Guarda conclúe afirmando: “Estamos adiantando algo que por agora non fixo nin o grupo socialista nin o BNG, porque son incapaces de poñer propostas concretas enriba da mesa máis alá das leas entre eles, reflexo do que acontece na Deputación”.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario