1 de maio de 2017

A GUARDA

A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA OFRECEU UN BRILLANTE CONCERTO DE PRIMAVERA

Ainda que inicialmente estaba previsto que fose na Praza do Reló, a climatoloxía aconselleu que fose na Casa dos Alonso

A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, actuando na planta baixa da Casa dos Alonso.
Foto: Infogauda


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O pasado sábado día 29 de abril, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, ofreceu seu Concerto de Primavera. 

 O evento, que inicialmente estaba anunciado para ser na Praza do Reló, finalmente por mor climatoloxía propia desta estación, tivo que celebrarse na planta baixa da Casa dos Alonso, cedida polo Concello de A Guarda para que o concerto pudese desenvolverse con normalidade. En algunhas edicions precedentes, tivo que ser no patio cuberto do Colexio PP. Somascos. Esa é, que ninguén o dubide, unha consecuencia máis - entre outras moitas, constatadas o longo do tempo - da carencia de un multiusos na vila de A Guarda. 

 Desde Infogauda, suxerimos que para tentar correxir o rumbo que coñecemos ata o de agora, que podería cualificarse de evidente insensibilidade institucional, por parte das instancias supramunicipais; á presidencia da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, debera incluir na vindeira sesión plenaria ordinaria do mes de maio, unha proposta conxunta, previamente consensuada por tódolos corporativos, para debater en pleno, e a continuación, facela chegar ás institucions que corresponda, co propósito de que se lles faga saber que A Guarda, a pesares de contar desde fai décadas, con un puxante movimento asociativo, carece desa necesaria infraestructura cultural.

 Feito ese limiar, o Concerto de Primavera, da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, desenvolveu o seguinte programa:

· Música i poble. (Pasoble de concerto), de Ferrer Ferrán.
· En un mercado persa, de Albert Ketelbey.
· Ross Roy, Jacob de Haan.
· West side story. (América), Leonard Bernstein.
· The cream of Clapton. (Tributo a Eric Clapton). 
· The Blues Factory, de Jacob de Haan.
· Pasodoble guardes, de José Luis Lorenzo Rodríguez.  
· Que rico el mambo, de Dámaso Pérez Prado.

  Antes de interpretar as dúas pezas finais do concerto, o director da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, agradeceu á asistencia do público a este concerto, así como o apoio que nais e pais, concello de A Guarda e colabouradores, e os compoñentes mesmos, dispensan a esta entidade cultural.  
 Na súa intervención Víctor Luis Alonso Treinta, non deixou pasar á oportunidade para expresar á necesidade de que A Guarda conte con un auditorio onde este tipo de eventos, entre outros moitos, poidan desenvolverse con total normalidade. As súas verbas, expresadas con total respecto, pero con toda nitidez - e que contaron co refrendo do respectable público que ateigaba a Casa dos Alonso -, deberan servir como acicate para que o grupo municipal de goberno do Concello de A Guarda, de os pasos necesarios, e a proposta que antes sinalamos, co apoio de toda á Corporación Municipal, chegue a bon fin. 

1 comentario:

  1. Sería unha boa cousa que os políticos se preocupasen de porse en marcha pra facer un auditorio. É unha vergonza que un pobo que ten tanta diversidade de grupos culturais non dispoña dun espazo decente onde poidan facer as suas actuacións .

    ResponderEliminar