30 de abr. de 2017

O ROSAL

TEATRO

A COMPAÑÍA MALASOMBRA PRESENTA “GO ON!” 

Venres día 5 de maio, ás 22:00 horas, no Auditorio Municipal  



Infogauda / O Rosal

 A compañía de Malasombra presenta “Go On!” o vindeiro venres día 5 de maio ás 22:00 horas, no Auditorio Municipal do Rosal. 

 Sinopse: 

 Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea. 

 “Go On!” recopila esta experiencia límite que deixa aos do “Al filo de lo imposible” como simples boyscouts. 

  “Go On!” é unha emocionante novela de aventuras na que os seus protagonistas viven situación extremas como o terrible ataque do despiadado can de palleiro ou a entrevista a un porco no corredor da morte. 

 “Go On!” é un completo folleto turístico que servirá para que outros ousados viaxeiros saiban como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou como cantarlle unha saeta á Santa Compaña. 

 “Go On!”  é un manual de supervivencia imprescindible para saber como sobrevivir tres días nunha vila en festas ou como viaxar nun tren galego a velocidade negativa cheo de galegos cantando cancións populares. 

 “Go On!” é unha guía de primeiros auxilios con recomendación necesarias como que facer logo de ser salvaxemente agredido por un toxo ou que facer logo de limparse o cú con ortigas. 

 “Go On!”  é a conferencia que percorre o mundo dende Burgos a Arkansas desvelando os misterios máis íntimos de Galicia e os seus habitantes, como cal é a orixe da frase “non me toques os suevos”, cada canto tempo cambian as sábanas os da Santa Compaña, ou cal é a resposta definitiva para a pregunta: “Que din os rumorosos?” 

 “Go On!”. Unha odisea cómica no espacio galego.  

Autor: José Luis Prieto 
Director: Marcos Orsi 
Actores: Xoque Carbajal e Jouse García

Ningún comentario:

Publicar un comentario