A exposición de pintura “Espantallos do Vento no Camiño”, que permanecerá aberta no mercado municipal durante o mes de abril, forma parte tamén do programa
No mes de maio, Produccións Chévere, porá en escena “As fillas bravas”, e Teatro Lope de Vega levará ao auditorio de Goián, “Pai non hai máis que un”


 Infogauda / Tomiño
 Co mes de abril chega a programación cultural de primavera organizada polo Concello de Tomiño, coa colaboración da Deputación Provincial.
 A primeira das propostas terá lugar o día 1 de abril, co III Encontro Minho-Galiza, un debate sobre a música galego-portuguesa e das palabras que transporta para a interculturalidade e a identidade da lingua, organizado pola Universidade do Minho (Braga) co apoio do Concello de Tomiño, Xunta de Galicia, Radio Municipal de Tui e Radio Universitaria do Minho.
 Asemade, o mercado municipal acollerá tamén a partir do 1 de abril, a exposición “Os Espantallos ao Vento no Camiño”, na que participa unha vintena de artistas luso-galaicos. A mostra, con máis de 20 artistas galegos e portugueses, forma parte do proxecto “Retorno dos coidadores das hortas ao Camiño de Inverno”, do rosaleiro Manuel Estévez , e conta coa colaboración do artista tomiñés Basilio Calzado.
 O sábado 8 de abril, haberá teatro con Producións Excéntricas e a súa obra “Os amores de Jaques o fatalista”. Será no Auditorio de Goián ás 22.00 horas. Entrada 5 euros, que se poderá adquirir na taquilla unha hora antes da función.
 Teatro tamén o sábado 22 de abril, con Avento Producións e “Como sobrevivir a unha apocalipse zombi”. Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 3 euros.
 Seguindo coa programación cultural de primavera, Producións Chévere traerá “As fillas bravas”. Sábado día 13 de maio, ás 22.00 horas. Auditorio de Goián. Entrada 5 euros.
O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado a Carlos Casares, a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto ás 12 do mediodía, e haberá obradoiros e venda de libros na Praza do Seixo.
O venres 19 de maio, Luis Bará presentará o seu libro “Non des a esquecemento”. Será no mercado municipal ás 21.00 horas.
Por último, o sábado 20 de maio, pechará a programación de primavera o Teatro Lope de Vega, con “Pai non hai máis que un”. Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 2 euros.