Alumnado de 1º e 2º da ESO asisten a unha posta novidosa e atractiva, con música, danza e vídeo, que ten coma fin contribuír á visibilidade da muller
Alumnado de 1º e 2º da ESO, asistiron a unha posta novidosa e atractiva, con música, danza e vídeo, que tiña coma fin contribuir á visibilidade da muller, concretamente, na cultura hip hop
Foto: C. T.
Infogauda / Tomiño
Este mércores día 22 de marzo, ás 12:00 na Casa da Cultura de Tomiño, tivo lugar a actuación do grupo de música hip hop “Beehive”, de Vigo, para alumnado do IES Antón Alonso Ríos; actuación que fora cancelada o pasado día 9 por mor da folga educativa.
Alumnado de 1º e 2º da ESO, asistiron a unha posta novidosa e atractiva, con música, danza e vídeo, que tiña coma fin contribuir á visibilidade da muller, concretamente, na cultura hip hop.
Por outra banda, o xoves día 23 de marzo, darán comenzo os obradoiros de Igualdade para alumnado de primaria. Con estas actividades rematamos a programación do mes de marzo con ocasión do Día Internacional da Muller.
Ningún comentario:
Publicar un comentario