20 de mar. de 2017

LABORAL

O cadro de persoal de Servicarne clama en Ourense contra a explotación laboral en Coren 

Falsos/as autónomos/as da cooperativa de traballo asociado trasladaron as súas protestas até a Subdelegación do Goberno

Concentración de empregados de Servicarne, diante da Subdelegación do Goberno en Ourense
Foto: CIG


Infogauda / Ourense

 Empregados/as de Servicarne -cooperativa de traballo asociado que presta servizo na empresa Frigolouro do Porriño, do grupo ourensán Coren- retomaron o pasado sábado día 18 de marzo, a loita contra a explotación laboral tras varios meses sen avances nas súas reivindicacións. 

 Na devandita data, máis dun cento de traballadores/as e delegados/as sindicais da FGAMT-CIG, central que apoia as demandas destes/as falsos/as autónomos/as dependentes, desenvoveron unha concentración diante da Subdelegación do Goberno en Ourense. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario