O I.E.S A Sangriña acolle este martes a última das charla sobre prevención do consumo de drogas
Organizadas pola Concellería de Xuventude da Guarda
Infogauda / A Guarda
Dende a concellería de Xuventude do Concello da Guarda estase a realizar un importante esforzo neste ano 2017 de cara á concienciación e a prevención do consumo de drogas. En concreto, estase a facer fincapé na promoción de actividades que axuden a educar e ampliar os coñecementos das familias sobre o tema e na prevención da drogodependencia en relación co uso das redes sociais polos mozos e mozas, que teñen nestas a súa canle de comunicación e de interacción máis habitual.
Esta acción educativa está formada por dúas partes: por unha banda está o traballo que realiza a asociación Érguete co alumnado de 1º da ESO dos centros educativos do municipio; e por outra banda o traballo coas familias a través dunhas xornadas didácticas nos centros conducidas polo psicólogo e terapeuta familiar Esteban Figueirido.
A través de tres charlas, unha por cada centro educativo de secundaria do municipio, o psicólogo mostra ferramentas e habilidades que podan axudar ás familias a tratar estes temas cos fillos/as. A primeira charla tivo lugar o pasado martes 31 de xaneiro no Colexio San José da Guarda. A segunda celebrouse o 14 de febreiro no Colexio PP. Somascos ás 19:30 horas. E este martes 28 de marzo terá lugar, ás 20:00 horas, a última no I.E.S. A Sagriña.
Dende o concello da Guarda convídase a participar a todos os pais, nais, educadores e a toda a comunidade educativa dos centros participantes, para deste xeito poder acadar coñecementos cos que previr e enfrontarse a un problema tan importante como é o consumo das drogas, e en especial o preocupante aumento da súa relación co uso das redes sociais na poboación máis nova.
Ningún comentario:
Publicar un comentario