19 de feb. de 2017

CANGAS DO MORRAZO

Isabel Risco, a gastronomía e as actuacións dos nenos e nenas da vila, na Festa Primagas de Cangas 


  • Cangas viviu unha gran festa para celebrar a chegada de Primagas a Galicia, na Explanada de Ojea, a partires das 10:30 h.
  • A partires deste ano, Primagas canalizará e distribuirá o gas natural no Concello de A Guarda



Natalia Saavedra / Cangas do Morrazo

 A vila de Cangas acolleu este domingo, 19 de febreiro, a Festa Primagas, un evento para presentar e celebrar a chegada de Primagas, empresa especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas, a Galicia.

 A Festa Primagas, que se celebrou na Explanada de Ojea, tras o Concello de Cangas, desde las 10:30 hasta las 14:00 h., contou coa actuación cómica de Isabel Risco. Os máis de 200 asistentes tamén puideron degustar polbo e filloas, e os máis pequenos divertíronse con xogos tradicionais populares e inchables. 
Os puntos fortes da xornada foron as actuacións de baile contemporáneo dos nenos e nenas do CEIP do Castrillón – Coiro e da agrupación Pais de San Roque.

 Toda a recadación conseguida nos postos de comida destinase á Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos do Morrazo (Aspamsim). A Festa Primagas conta coa colaboración do Concello de Cangas.

 Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas aterra en Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.

 O gas natural chega a A Guarda
 Primagas realizará durante este ano a canalización e distribución de gas natural no Concello de A Guarda. Está previsto que as obras comecen en verano e as primeiras subministracións, en outubro.

 A utilización de gas natural permitirá a retirada de máis dunha vintena de depósitos de gas propano presentes no casco urbano do Concello. A substitución dos tanques de gas non implicará transformacións importantes nas instalacións das casas. Ademais, evitará a circulación e descarga de camións de gas propano na vía pública do Concello.
 Os veciños poderán substituír as súas caldeiras e quentadores de gasóleo ou butano por outras con mellores prestacións e máis eficientes, reducindo os seus coste.

 Sobre Primagas
 Primagas, compañía enerxética presente no mercado español desde 1996, forma parte do Grupo SHV Energy, líder mundial en distribución de gas que dá servizo a máis de 30 millóns de clientes en todo o mundo. O obxectivo de Primagas é converterse na empresa de referencia no mercado enerxético das zonas non urbanas, mellorando as condicións de vida dos seus clientes, a través dunha solución enerxética eficiente e limpa.

 Primagas, con máis de 11.000 clientes en España, está formada por un cadro de persoal de 51 persoas e unha extensa rede de instaladores acreditados repartidos polo territorio español. Ademais, a compañía conta con catro delegacións comerciais en Cataluña, Madrid, País Vasco e Galicia, así como con tres plantas situadas no Porto de Barcelona, Zaragoza e mais Segovia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario