11/12/2016

PONTEVEDRA

MEMORIA

Acto institucional de Reparación da Memoria Histórica no Salón de Plenos, 12 de novembro de 2016


Deputación de Pontevedra



 A Deputación de Pontevedra celebrou un acto institucional de Reparación da Memoria Histórica o sábado 12 de novembro, coincidindo co 80 aniversario do fusilamento dun membro da Comisión Xestora e de dous dos presidentes da institución provincial en 1936. 

 No Salón de Plenos desenvolveuse un acto de homenaxe no que estiveron presentes descendentes das vítimas, a escritora e periodista Montserrat Fajardo, representantes dos concellos de toda a provincia, e asociacións de Memoria Histórica. 

Ningún comentario: