7 de dec. de 2016

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA APOIA AOS SEUS DEPORTISTAS COA CONVOCATORIA DE AXUDAS 


Infogauda / A Guarda

 Desde o executivo municipal do Concello da Guarda comunican que "este venres día 9 de decembro ábrese o prazo para que os e as deportistas da Guarda podan solicitar as axudas individuais a deportistas guardeses e guardesas.  

 As bases da convocatoria veñen de ser publicadas no BOP hoxe, mércores 7 de  decembro e poden atoparse así mesmo na páxina web do concello da Guarda, onde tamén estará a solicitude. Esta pode ser descargada e entregada, unha vez cuberta e xunto co resto da documentación indicada nas bases, dentro dos 20 días hábiles dende este venres no Rexistro Municipal".

Ningún comentario:

Publicar un comentario