23 de dec. de 2016

A GUARDA

A GUARDA DOA MATERIAL ESCOLAR 

Que repartirá a Asociación Conrazones nun rally solidario por Marrocos 

O alcalde Antonio Lomba Baz e os concelleiros Miguel Ángel Español Otero e Paulino Rodríguez González, con José Antonio Piño Gómez, presidente da Asociación Conrazones
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro xoves día 28 de decembro, o presidente e varios integrantes da directiva da Asociación Conrazones parten en dirección a Marrocos para participar nun rally solidario. Ata o 5 de xaneiro percorrerán a meirande parte de Marrocos, uns 5.800 quilómetros, ata chegar case o Sáhara repartindo material escolar entre a poboación máis desfavorecida. 

 Con este motivo o vehículo co que realizarán este longo e difícil percorrido está hoxe venres día 23 de decembro, ata ás 18:00 horas, na Praza do Reló, recollendo o material escolar que os veciños da Guarda queiran doar. Este material será entregado pola asociación nos diversos pobos necesitados do norte de África que vaian visitando, colaborando no posible en mellorar esta época tan sinalada a moitos nenos.

 Conrazones súmase así por primeira vez á caravana solidaria impulsada pola ONG rallysolidario.com e buscan comprobar in situ cal é a situación real da poboación e explorar fórmulas para manter ou ampliar a colaboración, segundo as necesidades existentes, nos vindeiros anos.

2 comentarios:

  1. E o Sr. alcalde ¿doa algo ou solo está pra sair na foto?

    ResponderEliminar
  2. Os concelleiros e o alcalde ¿tamén van participar no rally? Se é así paréceme ben pero se non ¿que pintan na foto?.

    ResponderEliminar