Remataron as obras de mellora do rueiro de acceso ás explotacións agrarias no camiño de Cividáns a Pintán
A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia concedeu unha axuda para este proxecto polo importe de 44.293€ para un orzamento total da obra de 53.399,25€. A diferencia, 9.106,25€, foron a cargo do Concello da Guarda
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, supervisando ás obras, xunto co 1º tenente - alcalde, Miguel Ángel Español Otero e o concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez González
Fotos: C.A.G.
Infogauda / Salcidos
O executivo municipal do Concello de A Guarda, presidido polo alcalde Antonio Lomba Baz informan que “dentro do “Plan Marco: Mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrarias 2016”, o Concello da Guarda solicitou unha axuda para o proxecto de mellora do rueiro de acceso ás explotacións agrarias no camiño entre Cividáns e Pintán.
Esta foi solicitada á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que concedeu unha axuda para este proxecto polo importe de 44.293€ para un orzamento total da obra de 53.399,25€. A diferencia, 9.106,25€, foron a cargo do Concello da Guarda.
As obras consistiron no pavimentado do camiño con recollida de augas. Ademais, rehabilitouse un tramo empedrado que se atopaba en moi mal estado, e que tras as obras está totalmente acondicionado para a súa utilización.
Os munícipes e un operario, supervisan os traballos realizados no camiño de Cividans a Pintán
Dende o Concello da Guarda lémbrase que esta subvención é exclusivamente para camiños que conduzan a explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA), non podendo ser invertida noutro tipo de rueiros ou estradas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario