14 de out. de 2016

A GUARDA

XORNADA DE MICOLOXÍA ORGANIZADA POLA OMIX DO CONCELLO DA GUARDA

Será o día 12 de novembro


Infogauda / A Guarda

 O día 12 de novembro terá lugar na Guarda unha xornada de micoloxía organizada pola Concellería de Xuventude. Nesta xornada aprenderemos a ecoloxía dos fungos, un mundo cheo de curiosidades sobre uns organismos fundamentais para o funcionamento dos ecosistemas. Ademais iniciarémonos no proceso de identificación de cogomelos; os froitos dalgúns fungos. Ante todo aprenderemos a respectar estes organismos e a actuar de forma responsable no caso de que esteamos interesados na súa recolección.  

 A xornada estará dividida en dúas partes: pola mañá terá lugar a parte expositiva a partir das 10:00 h., e pola tarde levarase a cabo unha saída ao monte co fin de exemplificar mellor a procura de setas.  

 As prazas son limitadas polo que a inscrición será na OMIX ou ben a través do seu e-mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 614 546.

Ningún comentario:

Publicar un comentario