14 de out. de 2016

A GUARDA

Un 60% de aprobados entre os alumnos que prepara o Concello    



Infogauda / A Guarda

 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz salientan que "neste ano 2016 foron 11 os alumnos que conseguiron o título de ESO tras realizar o curso de preparación das probas de ESO para adultos na Guarda. Isto supón que un 60% dos alumnos que se presentaron ás probas as superaron, obtendo así o título de ESO".  

 O curso para preparar estas probas desenvolveuse en dúas fases. A primeira foi do 1 de febreiro ao 26 de maio, e a segunda fase foi dende o 1 de xuño ao 15 de setembro. 

 Inscricións para o novo curso a partir do 1 de decembro.  

 "Dende o Concello da Guarda felicítaselles por ter superado unhas probas coas que acadan un título necesario para a mellora profesional, pero que tamén os axuda a mellorar a nivel persoal.  Ademais, anímase a que todos os interesados en participar en próximos cursos se anoten a partir do vindeiro 1 de decembro, día no que se abren as inscricións para o curso do próximo ano 2017".  

 Para máis información e para realizar as inscricións poden acudir á OMIX ou ó Departamento de Desenvolvemento local (AEDL) do Concello da Guarda en horario de oficina, ou poñerse en contacto a través do e-mail emprego@aguarda.es ou do teléfono 986 614 546.

Ningún comentario:

Publicar un comentario