14 de out. de 2016

A GUARDA

MAR

A CIG ORGANIZA UNHA ASEMBLEA INFORMATIVA SOBRE O CAMBIO NOS COEFICIENTES REDUTORES DA IDADE DE XUBILACIÓN

Será o vindeiro  martes dia 18.10.2016,  ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cultural da Guarda

Asistirá Xavier Aboi (Responsable da CIG- Mar)


Serafin Fernández Portela *

 A Confederación Intersindical Galega do Baixo Miño (C.I.G.), o vindeiro  martes dia 18.10.2016,  ás 19:00 horas, no salón de actos do Centro Cultural da Guarda, terá unha charla informativa, onde explicará  aos mariñeiros do sector de palangre  de superficie (pesca do peixe espada), sobre o cambio nos coeficientes redutores da idade de xubilación   ( COE). Dende a Dirección Xeral da Mariña Mercante, dependente do Ministerio de fomento, a traveso dunha orden interna, ven de modificar  os coeficientes redutores da idade de xubilación, que afectará a milleiros de mariñeiros galegos nas flotas conxeladoras  do palangre e do arrastre. Dende  a CIG-Baixo Miño, consideramos que se trata do maior recorte social na historia da pesca galega, e solicita que a Xunta convoque as patronais do sector, así como as centrais sindicais para abordar esta problemática. 

 Esta problemática detectouse cando a raíz de varias consultas de afiliados “atopamos anomalías  como que lle faltaban anos de cotización para poder xubilarse”.  

  Foi entón cando se descubriu que  a dirección Xeral da Mariña Mercante , modificara mediante unha orden interna os coeficientes redutores da idade de xubilación, “que é un dereito social que teñen os mariñeiros/as e outras persoas con profesións especialmente duras ou de risco como mineiros ou mesmo policias que  lles permita adiantar a idade de xubilación

 Este cambio está a afectar a milleiros de tripulantes das flotas palangreira  conxeladora e do arrastre, a maior parte de son traballadores galegos, de feito de 131 barcos censados, un total de 119 barcos  teñen base no noso país . Entre a flota do arrastre e  palangre de superficie afectan a a un total de 500 barcos  de zonas como A Guarda, Vigo, Marín Ribeira e A Mariña. 

 A decisión de Mariña Mercante de reducir os coeficientes redutores en embarcacións que supostamente se dedican ao peixe fresco e non o conxelado “ cando todo o mundo sabe que ao faenar en distancias tan longas  é imposible traer o peixe  sen conxelar”. 

 Neste acto  contaremos coa presenza do compañeiro Xavier Aboi (Responsable da CIG- Mar). 

 A CIG do Baixo Miño, fai un chamamento  aos marineros, familiares e cidadáns en xeral,  a que participen na Asemblea a fin de ter os coñecementos  sobre a modificación que nos queren implantar e que debemos combater para non só retirar, senón que nos concedan un coeficiente redutor da idade maior.


Secretario da Unión Local do Baixo Miño

Ningún comentario:

Publicar un comentario