GRANDES FESTAS NA HONRA DA VIRXE DO ALIVIO, 2016
Os días 9, 10, 11 e 12 de setembro de 2016
Informa: José Ángel Carrera Alves / Tomiño
Venres día 9 de setembro
Comezan as festas patronais de Tomiño na honra da Virxe do Alivio. Pola noite cunha gran verbena a cargo de das orquestras Panorama e Televisión que amenizarán a velada ata altas horas da madrugada.
Sábado día 10
Pola mañá terá lugar o pasacalles a cargo das bandas de música Agrupación Musical do Rosal e a Unión Musical de Valladares.
As orquestras Pontevedra e Galilea serán as encargadas de poñer a nota musical na verbena.
Domingo día 11
Dará comezo a xornada co pasacalles a cargo da Agrupación Musical de Goián, dando paso, chegada a noite, a unha gran verbena a cargo das orquestras Satélites e Gran Parada.
Luns día 12 (Festivo local en Tomiño)
Na última xornada festiva, a Banda Municipal de Música de Salvaterra será a encargada de amenizar o pasacalles. Chegada a noite, gran verbena a cargo da orquestra París de Noia e o grupo América, que serán os encargados de poñer o broche final a estas festas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario