8 de set. de 2016

BAIONA

A Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Baiona asinan un convenio para a realización de obras no pavillón deportivo de Covaterreña

José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe a localidade de Baiona para asinar un convenio de colaboración co Concello para a realización de obras no pavillón deportivo de Covaterreña

Infogauda / Baiona

 O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe a localidade de Baiona para asinar un convenio de colaboración co Concello para a realización de obras no pavillón deportivo de Covaterreña, que consistirán na renovación do pavimento e o trasdosado da fachada sur da instalación, por un importe de 48.000 euros.
 A necesidade da actuación vén determinada pola importancia da instalación na promoción da práctica de actividade física e deportiva no concello de Baiona e en toda a comarca que comprende. O investimento enmárcase así no compromiso da Xunta de Galicia de favorecer o equilibrio territorial, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades entre os galegos e galegas, tanto nos núcleos urbanos como rurais, costeiros ou de interior, e de seguir impulsando a práctica deportiva e de actividade física como factor de consecución de maiores cotas de saúde e do benestar entre a poboación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario