5 de set. de 2016

O ROSAL

PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL


Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Ata o día 15 de setembro permanece aberto o prazo de matrícula para o curso 2016/2017 na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal  

 A Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal está autorizada pola Xunta de Galicia e como tal figura inscrita co código de centro 36000843 no rexistro de escolas de música.  

 As materias que se imparten son as seguintes: 
- Iniciación Musical (de 4 a 7 anos) 
- Linguaxe Musical (a partir dos 8 anos: 1º, 2º, 3º, 4º e 5º) - Solfexo para adultos 
- Harmonía  
- Instrumentos: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Fagot, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba, Violoncello, Percusión, Piano, Guitarra, Gaita  
- Tamboril, Pandeireta 
- Baile Tradicional  

- Grupos   
· Minibanda   
· Banda Infantil   
· Música de Cámara   
· Coro Infantil (a partir dos 3 anos)   
· Coro de Voces   
· Coro de Adultos ​ 

 As clases darán comezo o 3 de outubro, e realizarase unha reunión previa cos alumnos matriculados.  

 Para máis información poden dirixirse a oficina da escola no Auditorio do Rosal ou ben nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792.

Ningún comentario:

Publicar un comentario