A Consellería do Mar convoca dous cursos de mariñeiro pescador na modalidade online
Celebraranse entre o 3 de novembro e o 14 de decembro, cunha duración de 50 horas cada un
O período de pre-matrícula estará aberto dende o vindeiro luns ata o 28 de decembro
Infogauda / Santiago de Compostela
A Consellería do Mar convocou dous cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online, que terán lugar entre o 3 de novembro e o 14 de decembro, cunha duración de 50 horas. Un dos cursos titorizarase desde a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol e o outro desde o Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
O período de pre-matrícula para estes cursos, que contarán con 60 prazas cada un, estará aberto dende o vindeiro luns, 19 de setembro ás 08:00 horas ata as 15:00 horas do 28 de setembro.
As características da modalidade de teleformación para obter a titulación profesional náutico pesqueira de mariñeiro pescador, os prazos e os criterios de avaliación son os establecidos na Orde pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente en Galicia, no seguinte enlace.
Unha vez que rematen os cursos de teleformación, realizarase un exame presencial en cada un dos centros que os titorizan. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba final.
Ningún comentario:
Publicar un comentario