17 de ago. de 2016

TORROÑA (OIA)

XIII EDICIÓN GASTRONÓMICA DE CARNE DE POLDRO

Domingo día 21 de agosto, a patir das 12:00 h.



Infogauda / Torroña


 Un ano máis, a Asociación Virxe do Rosario, de Torroña (Oia), organiza unha suculenta cita gastronómica, na que se exalta un producto - a carne de poldro - que é todo un manxar. 

 O evento - a XIII Cita Gastronómica de Carne de poldro - será o domingo día 21 de agosto, a partir das 12:00 h., e terá lugar no recinto de festas de Torroña. 

 Ademáis da carne de poldro, guisada o estilo tradicional (con patacas, herbillas, cenorias,...) tamén haberá carne asada, callos, empanada, orella e varios postres, todo elo a prezos populares.

 A XIII Cita Gastronómica de Carne de poldro contará coa actuación da Charanga Va k Pinta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario