24 de ago. de 2016

ESTÁS (TOMIÑO)

RECANTO DA ARTE

QUICO PAZ ANTÓN EXPÓN SÚAS PINTURAS NO CENTRO SOCIAL DE ESTÁS

A mostra pode visitarse ata o domingo día 28 de agosto

Antón Alonso Ríos, de esmoleiro con zanfona (100 x 100 cms.) - Autor: Quico Paz Antón
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / Estás

 Dentro da ampla e variada programación da Semana Cultural da Peregrina organizada polo Centro Social de Estás, coa colaboura do Concello de Tomiño, da cafetería do Centro Social de Estás e da Comunidade de Montes en Mán Común da parroquia de Estás, queremos salientar á XVIIIª exposición de pintura, que nesta edición nos amosa obras de Quico Paz Antón (O Porriño, 1957).

 A andaina picórica de Quico Paz Antón comezou - segundo nos informa Natalia Jorge, no tríptico que está a disposición dos visitantes á entrada da sala de exposicións - "(...) alá polos primeiros 80´ao mesmo tempo que se aventuraba nos roteiros da música (...)".

 Ademais de pintor, Quico Paz Antón, artista polifacético, tamén o vemos como fundador do Grupo Na Lúa, no que o longo de máis de dúas décadas contribuiu a recuperar os sons da gaita, da zanfona, da harpa,..., e facer que súas músicas chegasen a públicos moi heteroxéneos, máis en todo caso, que viron na labor de Na Lúa unha aposta polo folk de noso.

 Quico Paz Antón tén pulsado outros rexistros, como por exemplo no ámeto do ensaio e á investigación, entre outros, tendo contribuido á recuperación da memoria histórica. 

 En todo caso, hoxe imos centrarnos na obra que estes días Quico Paz Antón presenta na sala de exposición do Centro Social de Estás. E temos que decir que este creador ten moitos valores no ámeto das artes plásticas. Posúe destreza para o debuxo, domina a cor, coñece moi ben ás perspectivas,..., e sobor de todo, amosa unhas obras nas que á presenza humana é unha constante.

 Nas pinturas de Quico Paz Antón hai todo un mundo de inspiración surrealista, que nos convidan a que cada un de nós fagamos a nosa própia interpretación persoal, namentras disfroitamos coa contemplación das obras. Con toda certeza, ás análises que podamos facer, non necesariamente serán coincidentes. No que sí coincidiremos é na calidade artística deste autor e no seu compromiso por ofrecernos unhas obras con mensaxe, que non deixan indiferente a ninguén. Sobor de todo a que evoca a Antón Alonso Ríos, e na que o pintor acertou plenamente, tanto nas faccions do Siñor Afranio, como na composición da obra, no seu conxunto.

 Con esta exposición Quico Paz Antón amósasenos como un pintor con un enorme potencial creativo. Motivo polo cal suxerimos que calquer persoa a que lle guste a pintura, se achegue ata o Centro Social de Estás onde ata o vindeiro domingo día 28 de agosto, pode visitar a exposición deste artista porriñés, comprometido co País. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario