ATLETISMO
CARREIRAS PEDESTRES VIRXE DA GUÍA
Terán lugar o domingo día 28 de agosto, ás 19:00 h., en Ribadavila (A Guarda)
Na imaxe, os participantes da proba absoluta das Carreiras pedestres Virxe da Guía, nunha edición precedente
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O domingo día 28 de agosto, ás 19:00 h., na Praza da Guía, en Ribadavila (A Guarda), darán comezo as Carreiras Pedestres Virxe da Guía, que organiza a Comisión de Festas da Guía.
As inscripcións pódense efectuar previamente, dirixíndose o seguinte enderezo electrónico: carreiradaguia16@hotmail.com
Asemade, os atletas que desexen face-lo no mesmo día da proba, na Praza da Guía, teñen como hora límite ás 18:30 h..
Poderán participar atletas de ambos sexos, nas seguintes categorías: De 0 a 3 anos; de 4 a 6 anos; de 7 a 9 anos; de 10 a 12 anos; de 13 a 15 anos; de 16 a 21 anos; de 22 a 30 anos; de 31 a 40 anos; de 41 a 50 anos; e de 51 en diante.
Haberá trofeos para os ganadores absolutos (feminina e masculino), así como para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Entregaranse medallas/detalle que a organización considere a tódolos participantes ata a categoría de 10 a 12 anos, tanto en féminas como en varons.
Ningún comentario:
Publicar un comentario