25 de ago. de 2016

A GUARDA

UN CRUCEIRO DANADO NA FESTA DO MONTE SANTA TREGA, XA ESTÁ REPARADO



A cruz de pedra que fora danada no Día do Monte, logo dos traballos de restauración

Infogauda / A Guarda

  Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, veñen de faer pública á seguinte nota de prensa:

 "Durante as pasadas Festas do Monte Santa Trega da Guarda, na zona coñecida como púlpito, resultou levemente danado un cruceiro. Dende o Padroado do Monte Santa Trega constatouse que non se producira rotura na pedra o que facilitaba moito a súa reparación. Visto que o dano consistía no desmonte da parte superior da cruz, que quedou suxeita por unha grapa de aceiro que serve de reforzo, a reparación resultou mais doada do previsto inicialmente.   

 Hai que ter en conta que os elementos patrimoniais de pedra teñen un proceso de reparación laborioso cando se produce rotura e que estas reparacións deben ser realizadas por especialistas na materia. 

 Dende o Padroado laméntase que se producira este incidente. Hai que ter en conta que a pesar dos miles de persoas que acoden a romaría, en xeral a xente está moi sensibilizada co patrimonio que atesoura o monte e sole ser moi respectuosa co mesmo. 

 Realizados os traballos de reparación do elemento patrimonial, dende onte mércores 24 de agosto, a cruz xa se atopa perfectamente rehabilitada". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario