18 de ago. de 2016

A GUARDA

AS FESTAS DE SAN ROQUE E O CONCERTO DE VERÁN DE ACORDEÓNS MASCARENHAS DÁNSE CITA ESTA FIN DE SEMANA NA GUARDA

Grupo de Acordeons Mascarenhas, de A Guarda, dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez



Infogauda / A Guarda



 Con moita mágoa, os guardeses despediron esta semana, o pasado luns día 15 de agosto, as Festas do Monte Santa Trega ata o próximo ano. Pero a festa, o entretemento e a troula non paran na Guarda.  


 Dende o venres día 19 e ata o domingo 21 de agosto, a parroquia de Salcidos acolle as festas na honra de San Roque. A celebración comeza o venres cunha churrascada e a Noite DJ a partir das 20:00 horas.  


 O sábado a celebración contará cos pasarrúas que percorrerán as rúas do pobo. Á noitiña a gran verbena das Festas de San Roque terá como actuacións estelares ás Orquestras Olympus e Amazonas.  

 O domingo ás 11:00 horas será a presentación da Banda de Música de Redondela na praza do Coruto. E a continuación, ás 12:00 horas, ofrecese a misa solemne tras a cal a Banda dará un concerto. Pola tarde, haberá as tradicionais poxas, seguidas da actuación dun grupo musical.  


 Ademais, tamén esta fin de semana poderase desfrutar na Guarda do concerto de verán de acordeóns Mascarenhas. Este evento, organizado pola Asociación Cultural Mascarenhas en colaboración co Concello da Guarda, terá lugar o sábado día 20 ás 20:00 horas no Centro Cultural. Contará coa participación do Grupo Mascarenhas, de A Guarda; o Grupo Lembranzas, do Rosal; e o Dúo de acordeóns C. y D..  

 Como se pode comprobar, aínda que remataran as festas máis recoñecidas da Guarda, a vila segue a ter moito que ofrecer. A oferta cultural e de lecer continuará coa súa ampla variedade para que os visitantes, así como os guardeses podan desfrutar ó máximo da vila e do que queda do verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario