Participarán os 392 concelleiros do PP na provincia.
O PP de Pontevedra celebra a I Convención de Concelleiros coa participación de Pablo Casado
• Na clausura intervirá tamén o presidente provincial, Alfonso Rueda e a candidata do PP de Pontevedra, Ana Pastor.
• Os concelleiros de Salceda de Caselas, Marín, Vigo e Vila de Cruces falarán sobre a organización e funcionamento dos concellos e despois abrirase unha quenda de debate.
Pablo Casado, vicesecretario de Comunicación do Partido Popular
Infogauda / Pontevedra
O sábado día 28 de maio celébrase en Moraña a I Convención de Concelleiros, na que participarán ademais dos 392 edís populares de toda a provincia, o vicesecretario de Comunicación do Partido Popular, Pablo Casado.
A alcaldesa de Moraña e secretaria de Organización do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro será a encargada de dar a benvida aos asistentes e durante o acto intervirán ademais o voceiro do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila; Teresa Egerique, concelleira do PP de Vigo; María Sanmartín, concelleira en Marín; e Beatriz Iglesias, de Vila de Cruces, que falarán sobre a organización e o funcionamento dos concellos ademais de abordar novos retos da política municipal. Despois destas intervencións abrirase unha quenda de debate.
Na clausura do acto participarán ademais de Pablo Casado, a candidata do PP de Pontevedra, Ana Pastor, e o presidente provincial, Alfonso Rueda.
Esta convención de candidatos, aínda que estaba prevista antes da convocatoria de eleccións xerais, enmárcase como un dos actos centrais de precampaña do PP na provincia, e serve como antesala á Convivencia de Alcaldes e Voceiros que o PP vai celebrar tamén nos próximos días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario