EDITORIAL
CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA OU MONACAL: UNHA RUTA XACOBEA QUE RECRAMA ATENCIÓN INSTITUCIONAL
Unha parella de peregrinos facendo a ruta do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal o seu paso polo termo municipal de A Guarda
Foto: Infogauda
Infogauda
Fai unhas semanas, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 5/2016, do 4 de maio (D.O. de G. nº 92, do 16 de maio de 2016), do patrimonio cultural de Galicia, en cuxa exposición de motivos recóllese: "Este texto pretende ser a base normativa fundamental na que se plasme o compromiso irrenunciable da Comunidade Autónoma de Galicia co seu patrimonio cultural en canto que eixo fundamental que lle dá sentido e significación. Este compromiso debe ser manifestación do exercicio da vontade política colectiva, consciente do valor material e inmaterial do recibido nesas mil formas que ao longo do tempo configuraron a identidade cultural galega e que hoxe lle outorgan a súa máis fonda proxección de futuro (...)".
No Título VI da devandita Lei 5/2016, no que se fai mención OS CAMIÑOS DE SANTIAGO, no seu artigo 73. Concepto dos Camiños de Santiago recóllese no seu punto 2., o seguinte parágrafo: "As rutas principais dos Camiños de Santiago son: o Camiño Francés; o Camiño do Norte, ruta da costa e ruta do interior, tamén coñecido como Camiño Primitivo ou de Ovedo; o Camiño Inglés; o Camiño de Fisterra e Muxía; o Camiño Portugués, interior e da costa; a Vía da Prata ou Camiño Mozárabe; e o Camiño de Inverno".
É decir que segundo vimos de ler, o Camiño Portugués da Costa ou Monacal figura desde entón, en pe de igoaldade cos demais Camiños xacobeos. Así debera ser, máis á realidade demostra a día de hoxe, que non é así. E proba do que decimos témola no sitio web do Camiño de Santiago que a Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia (ATURGA) pon a disposición dos usuarios que accedan a el, onde se consultamos As Rutas podemos comprobar como o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal non figura entre elas.
Se procuramos información da Rede pública de Albergues do Camiño de Santiago en Galicia, vemos que tampouco figura o albergue existente no municipio de A Guarda.
A vista do sinalado nos dous parágrafos precedentes, urxe que por parte da institución municipal do Concello de A Guarda se inste a quen corresponda á subsanar esas carencias, a fin de que tódolos usuarios que accedan o sitio web do Camiño de Santiago, que a Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia ten na Rede de redes, figure, dunha vez por todas, o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal. E que ademáis conste toda á información referente a esa ruta xacobea, que está sendo, como xa temos salientado neste xornal dixital, toda unha revelación, a pesares da presunta apatía institucional e poida que tamén - alomenos nesta materia - do presunto conformismo por parte das institucions municipais, correspondentes os municipios portugueses e galegos por onde transcorre o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal.
Que a estas alturas teñamos que voltar a insistir nesas cuestions, poida que a algúns lles poida resultar innecesario. Nós coidamos que a vista dos feitos, a pesares do avance que supuxo súa inclusión na devandita Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, hai varias tarefas que facer, tanto por parte dos concellos como por parte da Xunta de Galicia, para darlle o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal á difusión e o trato institucional que merece.
Polo tanto, namentras non se subsanen tódalas carencias existentes, e se avance noutras cuestions non menos importantes, como por exemplo nunha axeitada sinalización e mantemento da ruta, temos que pensar que hai deberes pendentes. E así non se pode dar por aprobada á xestión institucional. Mais ben, por parte de algunha en concreto, poderíase considerar discriminatoria.
É lamentable que por inacción ou por conformismo, se deixen pasar os días, e semelle que ninguén se preocupe por estas cousas. Sobor de todo, cando pódese intuir que algún presunto "duende", de cuio nome non queremos lembrarnos, pudera estar maniobrando para que á realidade, no tocante o que vimos de sinalar sexa a que é. Ás veces, mesmo é necesario dar como probable ese tipo de posibilidades, namentras non se nos demostre o contrario.
Todo o dito anteriormente, contrasta - dito sexa de paso -, coa crecente afluencia de peregrinos que adoitan facer o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal. Eles van ser, mais cedo que tarde - de feito xa o están sendo -, os que se erixan nos mellores valedores deste fermosísimo itinerario xacobeo que cada día ten máis pegadas de camiñantes procedentes de tódolos continentes. E esa realidade é a que máis argumentos nos da para reivindicar á debida atención institucional.
Todo o dito anteriormente, contrasta - dito sexa de paso -, coa crecente afluencia de peregrinos que adoitan facer o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal. Eles van ser, mais cedo que tarde - de feito xa o están sendo -, os que se erixan nos mellores valedores deste fermosísimo itinerario xacobeo que cada día ten máis pegadas de camiñantes procedentes de tódolos continentes. E esa realidade é a que máis argumentos nos da para reivindicar á debida atención institucional.

Ningún comentario:
Publicar un comentario