A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou onte no Diario Oficial de Galicia este anuncio que fixa o 15 de xuño como data límite para a presentación de ofertas
A Xunta de Galicia licita as obras de renovación da drenaxe na estrada PO-552, ao seu paso polo concello de Oia, por un importe de preto de 122.000 euros
As actuacións centraranse na optimización do sistema de drenaxe transversal no PK 30+500, así como a recuperación do dominio público hidráulico do Río Seco, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións e afeccións á estrada
Os traballos consistirán na execución dun novo marco de tamaño superior baixo a estrada e unha canle que teña suficiente capacidade de desaugue no caso de arrastre de material
O prazo de execución destes traballos é de dous meses aproximadamente
Infogauda / Oia
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de renovación da drenaxe na estrada Vigo- Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia, por un importe de preto de 122.000 euros.
As empresas interesadas na realización destas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 15 de xuño. O prazo de execución destes traballos é de dous meses aproximadamente. No seguinte enlace pode consultarse máis información sobre o anuncio que onte publicou o DOG.
As actuacións centraranse na mellora do sistema de drenaxe transversal da estrada PO-552 no PK. 30+500, así como a recuperación do dominio público hidráulico do Río Seco, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións e afeccións á estrada existente.
Os traballos consistirán na execución dun novo marco de tamaño superior baixo a estrada e unha canle que teña suficiente capacidade de desaugue no caso de arrastre de material. Así, construirase unha nova obra de drenaxe transversal que substitúa á existente, cun trazado de planta adaptado ao leito orixinal do río, coa fin de recuperar o dominio público hidráulico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario