CINEMA
Jeanette presentarase no S8, na Mostra de Cine Periférico da Coruña
Proxecto Socheo / A Guarda
A curtametraxe Jeanette, dirixida por Xurxo Chirro e realizada cos rapaces de Socheo Educativo do IES A Sangriña participará no S8, na VII Mostra de Cine Periférico da Coruña. Despois de gañar o Premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín poderase ver por primeira vez en Galicia.
O S8 é un evento cinematográfico que terá lugar na Coruña entre os días 1 e 5 de xuño de 2016. Esta Mostra destaca pola súa programación arriscada poñendo o ollo na produción que agroma aos marxes e con grande risco creativo.
Hai que lembrar que Jeanette se fixo ao abeiro de Socheo Educativo, un proxecto de alfabetización audiovisual que se levou a cabo no instituto IES A Sangriña da Guarda. A curtametraxe intenta ser un retrato da adolescencia por medio dunha posta en escena moi singular e certamente opresiva e incisiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario