II XORNADAS FORESTAIS BAIXO MIÑO
Sábado 21 de maio, ás 16:00 h., na Casa da Cultura de Tomiño
Infogauda / Baixo Miño
Organizadas por A Jalleira, Asociación Forestal e de Educación Ambiental (AFEA), o vindeiro sábado día 21 de maio, desde ás 16:00 horas, a Casa da Cultura, de Tomiño acollerá ás II Xornadas Forestais Baixo Miño, con arranxo o seguinte programa:
- APERTURA DE XORNADAS
Presentación das xornadas a cargo da presidenta da Asociación A Jalleira, Nuria Castro.
16:00 H.
EXPERIENCIA: C.M.V.M.C. O ROSAL “25 ANOS DE XESTIÓN FORESTAL”
No ano 1991 varios membros de actual directiva involúcranse na súa comunidade. Tras moito traballo e experiencias, fan da Comunidade de Montes do Rosal un referente da xestión comunal e da defensa do patrimonio natural.
Issac González González
Presidente da C.M.V.M.C. O Rosal.
17:00 H.
- CONFERENCIA: “USOS E ABUSOS DO MONTE”
A controversia do uso público á palestra. Nos últimos anos, a raíz do crecente uso social e lúdico do monte, xurdiron novos conflictos e polémicas que repercuten na xestión dos montes. Diferentes propostas e alternativas a debate.
Xosé Carlos Morgade Martínez
Secretario Mancomunidade de Montes de Pontevedra www.campogalego.com/es/forestal-es/montes-privados-uso-publico/
18:30 H.
- EXPERIENCIA: “O BOSQUE DE RIDIMOAS”
A orixe da asociación xurde nos anos setenta coa necesidade de concienciar do valor da natureza por parte do seu actual Presidente Pablo Oitabén. A finais dos oitenta fúndase Ridimoas, Asociación co fin de estudar e defender o bosque autóctono na comarca do Ribeiro.
Despois de tres décadas custodian 500 hectáreas de bosque e acadan máis de 1000 socios.
David Rodríguez
Vicepresidente da Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas.
19:30 H.
- MESA REDONDA e CLAUSURA DA XORNADA.
Debate e intercambio de ideas e cuestións entre os ponentes e o público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario