FESTA DO PROGRAMA CORREOS REPARTE SONRISAS NA GUARDA
Data: mércores, 18 de maio de 2016
Lugar: Colexio Educación Especial San Xerome
Localidade: A Guarda – Rúa Galicia, 23
Hora: 15:00 horas
Roser Vila / A Guarda
O vindeiro mércores, día 18 de maio,
celebrarase na Guarda a festa número doce, das 38 previstas na edición de 2016,
do programa CORREOS REPARTE SONRISAS desenvolvido por Payasos sin Fronteras e
Correos. O acto terá lugar ás 15:00
horas no Ximnasio da Asociación San Xerome.
Os beneficiarios da asociación poderán gozar dun espectáculo de circo a
cargo dos artistas Mirroskita e Juanito
da Cía. Asaco Circo. Ao finalizar o acto repartiranse obsequios entre os
asistentes.
Este programa realízase grazas ao patrocinio de Correos. En 2016 alcanza a
súa oitava edición. Ten como finalidade contribuír á mellora da calidade de
vida de diferentes colectivos en situación de especial vulnerabilidade, como
son a infancia hospitalizada, persoas con discapacidade, nenos que viven coas
súas nais en penitenciarías e menores en centros de acollida e de inmigración,
entre outros. O obxectivo é proporcionar apoio emocional a través dos
beneficios da risa e do bo humor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario