30 de maio de 2016

A GUARDA

Día Mundial Sen Tabaco 2016 
Prepárate para o empaquetado neutro


Asociación Érguete Baixo Miño

 Con ocasión do Día Mundial Sen Tabaco 2016, que se celebra este 31 de maio, a OMS fai un chamamento a todos os países para que se preparen para o empaquetado neutro dos produtos de tabaco.  

 O empaquetado neutro é unha importante medida de redución da demanda que diminúe o atractivo dos produtos de tabaco, restrinxe o uso dos paquetes de tabaco como soportes para publicitar e promover o tabaco, limita o empaquetado e etiquetado enganosos e aumenta a eficacia das advertencias sanitarias. 

 O que se pretende co empaquetado neutro dos produtos de tabaco é restrinxir ou prohibir o uso de logotipos, cores, imaxes de marca ou información promocional sobre o envase, excepto os nomes da marca e do produto, que se presentarán nunha cor e tipo de fonte estándar.   

 Para calquera dúbida, contactar por vía telefónica/fax 986 614 407, no local da Asociación (rúa Colón, 20 – Edificio O Pescador 1º piso - A Guarda, Pontevedra) ou por correo electrónico: info@erguete.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario