30 de maio de 2016

A GUARDA

MANUEL CASTRO VICENTE, NOVO PRESIDENTE DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DA PARROQUIA DE A GUARDA

Infogauda / A Guarda

 A Comunidade de Montes en Mán Común da parroquia de A Guarda, conta desde onte con novo presidente. Chámase Manuel Castro Vicente e ven a cubrir a vacante que se produciu recentemente pola renuncia do anterior presidente José Manuel Ferreira Lorenzo, coñecido popularmente como "Trujillo". 

 Manuel Castro Vicente xa formaba parte de anteriores xuntas rectoras, desenvolvendo diversos cárregos dentro das mesmas. 

 Nesta ocasión, o novo presidente conta con unha Xunta Rectora da que forman parte comuneiros con anos de traxectoria como tales, e outros de máis recente incorporación. 







ACTA DA ASEMBLEA XERAL (29.05.2016) 

 Sendo as 10,30 da mañá, deuse inicio a esta Asemblea, convocada cún único punto na Orde do Día: ELECCIÓN DE NOVA XUNTA RECTORA, sendo a única presentada conforme os Estatutos desta Comunidade, según sinalou a Mesa Electoral composta por Gabriel Solleiro Carrera e Celso R. Fariñas, a encabezada por Manuel Castro Vicente.

 A hora sinalada, están presentes VINTEUN (21) Comuneiros e se aportan  ONCE (11) delegacións.

 No transcurso do tempo, se incorporan varios comuneiros, para dar un resultado final de TRINTECATRO.

 Realízase o escrutinio, co seguinte resultado:

Votos:  válidos,  26; nulos, 2; Non votan: 6, quedando proclamada por maioría a candidatura:  

Presidente: 
MANUEL CASTRO VICENTE

Vice-Presidente: 
GABRIEL SOLLEIRO CARRERA        

Secretario: 
CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS

Tesoreiro: 
JAVIER GONZÁLEZ VERDE  

Vogais: 
Mª DE FÁTIMA IGLESIAS FERREIRA
RAFAEL PABLO RODRIGUEZ AMENEDO
JUAN RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ
JAIME DELFÍN BARBOSA GARABAL
MANUEL ROLÁN FERNÁNDEZ   

(existe documento ca relación de comuneiros presentes, votos delegados, e de así votantes)  

A Guarda, a 30 de maio do 2.016     

Celso R. Fariñas     
Secretario

Ningún comentario:

Publicar un comentario