30 de maio de 2016

A GUARDA

COMEZA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROXECTO “MOCHILA VIAXEIRA DE VERÁN” DO CONCELLO DA GUARDA 
  
Vista da Biblioteca Municipal, ubicada no Centro Cultural e Social de A Guarda
Foto: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal do Concello da Guarda impúlsase o proxecto a “Mochila Viaxeira de Verán” para este verán 2016, co que se busca promover a lectura como un dos pasatempos principais das familias durante o tempo de lecer na época estival que está a piques de comezar.  

 Esta iniciativa porá a disposición dos usuarios da Biblioteca 10 mochilas viaxeiras infantís, 3 mochilas viaxeiras xuvenís e 3 familiares. As mochilas infantís levarán libros, película e CD adaptado para nenas e nenos de 3 a 12 anos. As mochilas xuvenís irán contarán con material para rapaces de 13 a 16 anos e as mochilas familiares levarán libros tanto para os pais e nais como para os fillos ó igual que unha película familiar e un CD.

 Para poder participar destas mochilas, os usuarios deben inscribirse na Biblioteca Municipal. O prazo vai dende o día 30 de maio ata o 11 de xuño e a inscrición poderá facerse en horario de 17 a 20h. da tarde.  As quendas para levar as mochilas serán de tres semanas, tendo que devolvelas no último día da quenda e podendo levar outra mochila distinta nas seguintes tres semanas. O único límite é que só se poderá levar unha mochila por persoa e no caso das familiares so unha por familia. 

 As quendas serán as seguintes:  

Do 13 de xuño ó 2 de xullo.
Do 4 de xullo ó 23 de xullo.
Do 26 de xullo ó 13 de agosto.
Do 16 de agosto ó 3 de setembro.   

 Anímase a que todos os que o desexen se acheguen á Biblioteca Municipal para vivir un verán cheo de lectura e aventuras coas “mochilas viaxeiras”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario