Charla informativa sobre o estudo de biomarcadores de fibromialxia, no Centro Cultural da Guarda
Será o vindeiro sábado, 23 de abril, ás 18:00 horas no Centro Cultural e Social de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Asociación Fibromiño informa que o vindeiro sábado, 23 de abril, ás 18:00 horas no Centro Cultural e Social de A Guarda haberá unha charla informativa a cargo da doutora Mª Teresa Carrillo, sobre o estudo de biomarcadores de fibromialxia, perfil xenético, estímulos dolorosos e emocionais en pacientes de fibromialxia que axuden no diagnóstico e tratamento, que se vai a levar a cabo na Universidade de Santiago de Compostela.
Desde Fibromiño sinalan que é interesante e importante que tamén participen neste acto, familiares de enfermos de fibromialxia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario