A ESCOLA DE MÚSICA DE MOUGÁS ORGANIZA O II FESTIVAL SOLIDARIO
Será o día 19 de marzo, ás 18:30 horas, no Centro Cultural de Mougás
Infogauda / Mougás
Como xa fixeron o ano pasado, a Escola de Música de Mougás organiza o II Festival Solidario, que terá lugar o próximo día 19 de Marzo ás 18:30 horas, no Centro Cultural de Mougás.
Este ano participarán os compoñentes do grupo de baile "Giro's" de Baiña e os alumnos da nosa Escola.
Compoñentes da Escola de Música de Mougás
O grupo de Parque Musical (nenos de 3 a 6 anos) cantarán e bailarán "El mismo sol". O grupo de 1º cantará "Sin miedo" de Rosana; os de 2º curso "Hijos de un mismo dios", de Macaco, e por último todos xuntos cantarán "Imagine", de John Lennon.
A continuación tocarán os alumnos da escola e pechará o acto a Banda-Escola, interpretando "A bela e a besta" e o "Himno da alegría".
Para acceder ó Festival só será necesario aportar un quilo de alimentos na entrada. Todos os alimentos irán destinados ó Banco de Alimentos do Concello de Oia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario