UNHA COMEDIA SUECA
NO CINECLUB POLEIRO EN GOIÁN
O xoves 3 de
marzo, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián, o cineclub Poleiro proxecta “Unha
pomba pousou nunha ponla a reflexionar sobre a existencia”, comedia sueca
dirixida por Roy Anderson
Cineclub Poleiro / Goián
SINOPSE: Conta con humor a vida de dous perdedores de entre 50 e 60
anos, dous vendedores de artigos de broma que viven nunha casa abandonada e
teñen tres encontros coa morte. Como Don Quixote e Sancho , Sam e Jonathan
lévannos a coñecer o destino do ser humano nun percorrido pola vida. Unha
colección de desatinos encadeados donde
o humor chega de forma inesperada e da para a reflexión.
PREMIOS
Elexida Mellor
comedia nos premios de Cine Europeo e Leon de Ouro na Mostra de Venecia.
CRÍTICAS
"O creador
sueco reincide no seu universo de paiasos tristes que din cousas banais que
esconden toda unha declaración de intencións sobre o disparate da vida”. Javier Ocaña. El País
“Esta película é
inagotablemente sorprendente e conmovedora, invita a sucesivas reflexións e
confirma a Roy Andersons como un fillo imposible de Beckett, Bergman,Tati e
Monty Python, e tamén como un cineasta único”. Nando Salvá. Cinemanía.
O xoves 7 de abril é o turno de Viaxe a Sils María, un drama francés protagonizado por Juliette Binoche e dirixido por Olivier
Assayan.
SINOPSE:María Enders(Binoche), 20 anos despois de facerse famosa pola
sua interpretación de Sigrid, a personaxe que fasconou a Helena e a levou so
suicidido, deberá decidir si, agora que se atopa no cumio da sua carreira
profisional, quere volver aceptar un papel n obra, esta vez interpretando a
Helena.
Pechamos o ciclo o
xoves 5 de maio con
Augas tranquilas, unha película xaponesa dirixida por Naomi Kawase
O BONO PARA AS CATRO DO CICLO PELÍCULAS CUSTA 10 EUROS
O cineclub Poleiro
conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da
Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario