A COMUNIDADE ESCOLAR DO COLEXIO PÚBLICO AS SOLANAS-NICOLÁS GUTIÉRREZ CAMPO DEMANDA UN COLEXIO SEGURO
É fundamental o arranxo do Pavillón Antonino Torrón Fernández
A Comunidade Escolar do CEIP Plurilingüe As Solanas. Nicolás Gutiérrez Campo, saiu á rúa para esixir un colexio seguro
Foto: Santiago Baz Lomba
Infogauda / A Guarda
A Comunidade Escolar do CEIP Plurilingüe As Solanas - Nicolás Gutiérrez Campos, de A Guarda, co apoio de varios concelleiros dos grupos municipais da oposición na Corporación Municipal de A Guarda, así como de veciños do municipio, desenvolveron na mañá do luns día 29 de febreiro unha manifestación na Praza do Reló. O motivo da convocatoria foi o lamentable estado de deterioro no que se atopa o Pavillón Antonino Torrón Fernández, feito incuestionable que obligou á dirección do referido centro educativo, a adoitar a decisión, o pasado día 17 de febreiro de "(...) suspender cautelarmente todas as actividades, escolares e deportivas, dentro do pavillón e a súa contorna".
Polo que, non se realizará ningunha actividade (recreos con chuvia, educación física, actividades complementarias, actividades deportivas,...) ata que se garanta a seguridade dos nenos e nenas, demais usuarios (...)".
A devandita decisión foi adoitada "en base a un informe técnico municipal do Concello de A Guarda sobre a situación da cuberta do pavillón do colexio, a espera da intervención da unidade técnica da Consellería (...)".
As persoas que participaron na concentración, mantiveron unha reunión na salón de plenos do Concello, e trasladaron súas inquedanzas a Miguel Ángel Español Otero e Montserrat Magallanes Álvarez, primeiro e segundo Tenente de Alcalde, respectivamente.
Pola súa parte a ANPA "Os Muiños", fixo pública á seguinte nota: "Os Pais e Nais do Colexio CEIP PLURILINGUE "AS SOLANAS" estamos moi indignados coa actuación do equipo de goberno. Levamos anos denunciando o estado do noso pavillón e cremos que xa vai sendo hora de que o arranxen. os nosos nenos están a correr un risco moi grande, o pavillón estáse a desintegrar literalmente, obrigando os nenos e nenas a estar dentro do colexio no seu tempo de lecer e na hora de Educación Física, polo que non pararemos de manifestarnos públicamente ata que non vexamos solucionado o problema".

Ningún comentario:
Publicar un comentario