Chus Lago madriña da IX Gala do Deporte Guardés, que se celebra este venres
O vindeiro venres día 4 de marzo, ás 20:30 horas, celébrase no Centro Cultural a IX Gala do Deporte Guardés.
"Neste acto o Concello de A Guarda quere valorar a traxectoria e os títulos acadados polos deportistas guardeses nas diferentes disciplinas que practican", afirman desde o executivo municipal.
Nesta ocasión se contará coa presencia da recoñecida e prestixiosa alpinista María Jesús Lago Rey (Vigo, 1964), que exercerá de madriña desta gala, conducida polo xornalista Terio Carrera, da TVG.
Chus Lago é a segunda muller española que escalou o Everest, obxectivo que logrou o 26 de maio de 1999. Asemade foi a primeira muller española que logrou - en xaneiro de 2009 - chegar o Polo Sur, logo de 59 días de travesía en solitario pola Antártida.

O Concello de A Guarda convida a todos os veciños do municipio a gozar desta velada e a acompañar aos deportistas locais que serán, un ano máis, os protagonistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario