3 de feb. de 2016

A GUARDA

O Entroido converte a Alameda nun gran escenario con actuacións para todos os públicos  

O “Sábado de entroido” e o “Domingo das familias” disfrazarse ten premio   


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda propón, para os veciños da localidade e tamén para os visitantes, un programa de Entroido moi dinámico e moi variado para que sexa atractivo para toda clases de públicos.  

 A música é unha parte moi importante deste cartel e a maior cantidade de actuacións, pero non as únicas, aparecen na programación do “Sábado de entroido” e do “Domingo das familias”.  

 Así, o sábado día 6 de febreiro, ademais de haber actividades para os nenos coma a sesión de “Contos Contados” o obradoiro de máscaras ou a proxección do filme “Rio2”, pola tarde, a partir das 19 horas terá lugar unha foliada na Alameda.  

 A actuación correrá a cargo de “Os Monifates”, un dúo de música tradicional nun formato moi orixinal, xa que os músicos están acompañados polas súas marionetas que bailan ó son da variada instrumentación que empregan. Esta actuación está pensada para un público de todas as idades.

Pequenos e maiores saen á rúa para disfroitar do Entroido guardés 
Foto: C. A.G.


 Ademais A Guarda celebrará a Tarde de Homes e Mulleres, todos aqueles que se transformen levarán un pequeno agasallo.  

 A partir das 23,30 darán comezo, tamén na Alameda, os concertos. Nesta ocasión se contará co directo dos guardeses “The Winning Numbers” e os veciños de Baiona, “San Rockers”. A música animará a praza ata ben entrada a madrugada.  

 O domingo, o “Día das Familias”, será unha xornada para que avós, pais, fillos e netos, celebren o entroido xuntos nunha festa de disfraces. Durante a tarde todas aquelas familias que se acheguen á Alameda disfrazados para gozar coa música da Orquestra “Sonora” levarán un pequeno agasallo.  

 A música e as diferentes actividades continuarán ao longo dos días do Entroido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario