20 de xan. de 2016

PONTEVEDRA

Carmela Silva aposta polo CPAE como un instrumento que garanta la transmisión do conocemento e as experiencias as PEMES e autónomos da provincia 

O experto en redes sociais Francesc Pumarola foi o primeiro invitado a expoñer o seu traballo profesional nunha conferencia que encheu o salón de plenos do Pazo Provincial 


Infogauda / Pontevedra

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, afirmou hoxe que o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial (CPAE) ten que ser un instrumento que garanta a transmisión do conocemento e as experiencias de persoas destacadas en cada faceta empresarial. Silva presentou hoxe a primeira conferencia dentro do programa do CPAE que contou co experto en redes sociais Francesc Pumarola que encheu o salón de plenos do Pazo Provincial.  

 A Presidenta destacou, dentro do programa do novo goberno da Deputación, que a institución ten que ser un instrumento de colaboración cos axentes sociais e a propia cidadanía, "ofertando aquilo que teña unha resposta de futuro que mellore a propia sociedade e neste caso,  o través das PEMES e dos autónomos, nos garanta unha mellora no emprego e na economía da nosa provincia", sinalou Silva.  

 Por elo, Carmela Silva apostou polo CPAE como un motor que permita ofrecer "respostas distintas para PEMES e autónomos no uso das TIC,s" e subliñou que xornadas "como a de hoxe con Francesc Pumarola nos permite aprender dende o conocemento e compartir as experiencias triunfadoras".  

 Pola súa banda, Francesc Pumarola,  na actualidade digital manager de "Hijos de Rivera SAU", realizou unha exposición sobre a estratexia de comunicación dixital que unha pequena empresa debe adoptar para ter unha presenza exitosa nas redes sociais.  

 O experto sinalou que as empresas, independentemente do sector de actividade no que desenvolvan a súa actividade, nas redes sociais deben  traballar co concepto de que "o contido é o rei" e que ten que ser adaptado a especialidade de cada unha delas. Para Pumarola os puntos centrais dunha estratexia dixital de calquera pequena empresa ou autónomo deben ser a fixación duns obxectivos, a planificación da estratexia, a elaboración dun plan de acción e o control posterior.        

Ningún comentario:

Publicar un comentario