Nova cita cos “Contos Contados”
Será o vindeiro sábado, día 9 de xaneiro na Biblioteca Municipal
Biblioteca Municipal de A Guarda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado, día 9 de xaneiro, os nenos do municipio de A Guarda teñen unha nova cita na Biblioteca Municipal para gozar dunha nova sesión de “Contos Contados”.
Tras escoitar unha nova historia, os rapaces e rapazas traballarán no conto acompañados pola bibliotecaria.
O Concello guardés convida a todos os nenos e nenas a desfrutar desta actividade coa que se busca fomentar a lectura e achegar a biblioteca aos rapaces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario