Nova sesión de “Contos Contados”
Nesta ocasión os nenos do municipio poderán desfrutar da historia da “Rata linda de Compostela” do escritor Bernardino Graña
Infogauda / A Guarda
Este sábado, día 9 de xaneiro, celébrase una nova sesión de “Contos Contados” na biblioteca municipal de A Guarda.
Nesta ocasión os nenos do municipio poderán desfrutar da historia da “Rata linda de Compostela” do escritor Bernardino Graña.
Tras coñecer este conto os nenos traballarán, xunto coa bibliotecaria, a través de diferentes exercicios e xogos co libro.
A través deste tipo de iniciativas o Concello de A Guarda quere achegar a biblioteca aos veciños da localidade e ademais fomentar a lectura.

Ningún comentario:
Publicar un comentario